O Museo ocupa o edificio do antigo matadoiro municipal, construído a partires do 1924 conforme ós planos do arquitecto Juan Argenti. O inmoble foi habilitado para a súa función museística por alumnos da Escola-Taller da Estrada; así mesmo se restaurou a muralla posterior e o xardín.