MUSEO MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA

MEMORIA GRÁFICA DA GUERRA CIVIL ESPAÑOLA 1936-2016

Arquivo Fotográfico Guerra Civil-Fondo Documental Mario Blanco Fuentes

 

(©Museo Manuel Reimóndez Portela e herdeiros de Mario Blanco Fuentes)

foto blanco2

Todas as fotografías contidas nesta web atópanse baixo unha licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC- ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenzacompleto da licenza.



 foto blanco

Gabinete Fotográfico do "Cuerpo de Ejército de Galicia". De esquerda a dereita, José Longueira, Ángel Llanos, Mario Blanco Fuentes, Jaime Pacheco, Faustino López e José Lombardía Bargos

A guerra civil iniciouse coa sublevación de parte do exército español en África, en principio contra o goberno da Fronte Popular xurdido tras as eleccións de febreiro de 1936, alzamento que foi secundado por boa parte das rexións da Península, mentres permaneceron fieis á República as tres cidades máis importantes de España: Madrid, Barcelona e Valencia, coas súas respectivas rexións ou capitanías militares. As provincias que desde o principio se uniron á sublevación foron as catro galegas e mais a de León que, con Asturias, conformaban daquela a VIII Rexión Militar. En Oviedo tamén se alzou o comandante militar, coronel Antonio Aranda, pero só o puido facer na propia cidade, que foi inmediatamente arrodeada e cercada polos mineiros asturianos durante uns meses. Foi a finais do mes de outubro do 1937, coincidindo co derrubamento da fronte do Norte, cando as tropas galegas rompen o cerco de Oviedo e «liberan» a cidade. Daquela, con tropas galegas e asturianas formouse o CUERPO DE EJÉRCITO DE GALICIA (CEG) ao que, unha vez mobilizado por idade, como outros milleiros de mozos, se incorporou Mario Blanco baixo o mando de Antonio Aranda Mata. Nos meses posteriores, o CEG foise desprazando cara ao norte da cidade de Zaragoza nun intento de alonxar a fronte de guerra, que se encontraba moi pertiño da cidade, coa intención de dirixirse, a continuación cara ao interior de Aragón e penetrar en Cataluña.

Sen embargo, neste intervalo de tempo, aproveitando as fortísimas nevaradas que caíron sobre a cidade de Teruel e arredores, o exército republicano tomou sen loita esta capital de provincia, a única que deu ocupado desde o comezo da guerra. Esta acción obrigou a cambiar os planos do CEG que, en vez de encamiñarse cara a Cataluña, foi destinado a coutar o exército republicano para que non consolidase o seu avance, o que sucedeu no nadal de 1937. Alí, nos arredores de Teruel, soportando temperaturas extremas, permanece deica a entrada na cidade, en marzo de 1938. Toma logo camiño do Norte para regresar despois cara ao sur e participar na «liberación» da rexión de Valencia (cidades de Castellón e Valencia capital), xa nos remates da guerra.

O sinal de identidade das tropas do CEG eran a Cruz de Santiago bordada en uniformes e enseñas.

---ooo0ooo---

Mario Blanco Fuentes (1917-2000) incorpórase ao gabinete fotográfico do CEG, ao mando do xeneral Antonio Aranda, no ano 1937. Xunto cos seus compañeiros de gabinete toma imaxes da guerra nas frontes de Asturias, León, Aragón, Cataluña e Valencia, a onde chega na primavera de 1939. Ofrecemos de seguido, a modo de presentación, unha escolma de 26 fotografías tomadas coa súa cámara Leica. O resto das imaxes iranse incorporando sucesivamente.

_____________________________________

Mario Blanco Fuentes (1917-2000) se incorpora al gabinete fotográfico del CEG, al mando del general Antonio Aranda, en el año 1937. Xunto a sus compañeros de gabinete toma imágenes en los frentes de Asturias, León, Aragón, Cataluña y Valencia, a donde llega en la primavera de 1939. Ofrecemos a continuación, a modo de presentación, una muestra de 26 fotografías tomadas con su cámara Leica. El resto de las imágenes se irán incorporando sucesivamente.

_____________________________________

Mario Blanco Fuentes (Cuntis, 1917 - A Estrada, 2000) joined the CEG, under general Antonio Aranda, in 1937. Together with his colleagues of the photography cabinet of the CEG -among them, the famous photographers Ángel Llanos, Jaime Pacheco and one of the co-founders of Televisión Española, José Lombardía Bargos-, he took pictures of the war in the fronts of Asturias, León, Aragón, Cataluña and Valencia, where Mario arrived in the spring of 1939. We offer, as a presentation, a sample of 26 pictures taken between 1937-1939 with Mario's Leica camera. The rest of the images will be added continuously.

______________________________________________________________________